Xunta de Galicia - Deporte Galego

Xefega

Informase que o programa Xefega nos vindeiros días estará fora de servicio, estamos a preparar a tempada 2022. Se algún Club quere federar algún xogador, pregase  que se poñan en contacto coa Federación no  e-mail fegaxa@fegaxa.org. Disculpen as molestias.    

Campionato de Europa de Seleccións 2021

Na vixésima terceira edición do Campionato de Europa de Seleccións, a Selección Española Absoluta logrou un resultado histórico finalizando na cuarta posición cós mesmos puntos cá Selección Polaca, quen obtivo a terceira praza grazas a un mellor desempate. A Selección Española Absoluta sumou 13 puntos logrando non perder ningún dos seus encontros: táboas contra Rusia, … Ler máis

XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021

Onte rematou  o XVIII Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 183  xogadores. Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o  Mestre Internacional Michael A. Rahal proclamouse campión sumando un total de 7,5 puntos e o galego Francisco Carrera Pérez finalizou na segunda posición  con … Ler máis

Circular interpretativa das medidas COVID-19 no ámbito deportivo – Actualizada 22/10/2021

Infórmase da derradeira publicación no DOG sobre a finalización da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidad Autónoma Galega. Toda a información, neste enlace. Circular interpretativa das medidas COVID-19 no ámbito do deporte. A Xunta permitirá medidas de protección fronte a Covid-19 alternativas ao uso da máscara para os maiores de 12 anos no … Ler máis

Campionato de España por Equipos de Club de División de Honra 2021

Onte rematou o Campionato de España por equipos de Club de División de Honra: VIII Centenario de Alfonso X O Sabio no Centro Cultural Igrexa de San Marcos (Toledo) , onde o equipo galego (Club Deportivo Xadrez Ourense) quedou no 8º posto, descendendo a Primeira División para o ano 2022. Enlace Info64 Retransmisión en directo

Campionato de España por Equipos de Club Xadrez Rápido 2021

Onte rematou o  Campionato de España de Equipos de  Club de Xadrez Rápido no Hotel Exe Doña Carlota (Ciudad Real) onde o equipo galego Xadrez Ourense acadou o  4º  posto con 13 puntos, o Círculo Ferrolano  acadou o  7º  e a  Escola Luguesa o posto 34º. Enlace Info64 Retransmisión en directo