Xunta de Galicia - Deporte Galego

XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021

Onte rematou  o XVIII Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 183  xogadores.

Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o  Mestre Internacional Michael A. Rahal proclamouse campión sumando un total de 7,5 puntos e o galego Francisco Carrera Pérez finalizou na segunda posición  con 7 puntos.

Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato.

Noraboa!

Enlaces a Info64: XVIII CE Veteranos – Grupo A (+50) 2021 e XVIII CE Veteranos – Grupo B (+65) 2021.

Retransmisión en directo