Xunta de Galicia - Deporte Galego

Xornada aprazada

Tal e como publicouse o pasado 23/02/2026, mañá 19/03/2026 terá lugar a rolda aprazada polas condicións meteorolóxicas adversas. Para as alineacións da xornada de mañá, terase en conta as ordes de forza establecidas nas roldas xa xogadas xa que prima a data de celebración da mesma.  E tamén terase que ter en conta o citado … Ler máis

Circuitos Galegos 2026

XIX Circuito Galego Promoción 2026 Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2025, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XIX CIRCUITO GALEGO PROMOCIÓN 2026. O prazo de inscrición pecharase o 29 de Marzo de 2026, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2025 e o resto … Ler máis

Reunión co secretario xeral para o deporte

O secretario xeral para o deporte Galego, Roberto García Fernández, recibiu a Gaspar Pérez Carnero, presidente da Federación Galega de Xadrez,  durante o encontro, tratáronse diferentes aspectos relacionados co desenrolo do noso deporte así como futuros proxectos.

Liga Galega por equipos de Club 2026

Lémbrase a todos os equipos participantes da Liga Galega por equipos de Club 2026, que atendendo o apartado 3.7 do art. 62º do Reglamento Xeral de Competicións, o prazo límite para incluír xogadores nas ordes de forza será ata as  17 h. do xoves 5 de marzo. Pasado ese prazo non se admitirán novas incorporacións.

Eleccións 2026

Para dar cumprimento á: Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, Lei 3/2025 de modificación da Lei 3/2012; Decreto 16/2018; e ao Decreto 171/2021 polo que se modifica o Decreto 16/2018, pubícanse a día de hoxe (27/02/2026) os CENSOS INICIAIS da Federación Galega de Xadrez. Toda a información, neste enlace.

Xornada Aprazada

Por acordo da Comisión Delegada da Federación Galega de Xadrez e, en base ao apartado 6.1 do artigo 62 do Regulamento Xeral de Competicións, determínase como data para celebrar a 1ª rolda aprazada polas condicións meteorolóxicas adversas; o Xoves, 19/03/2026 ás 17:00 horas. No obstante, por acordo mutuo entre os clubs, poderán solicitar á FEGAXA … Ler máis