Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato “Xunta de Galicia” Sub-16 2026

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) do Campionato “Xunta de Galicia” Sub-16 2026.

O xogador do  Club de Ajedrez Lucena, David Álvarez González, proclamouse Campión con 7 puntos dos 8 posibles. Uxío Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa Xadrez) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Nicolás Fernández Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado con 6 puntos. Noa López Freiría do Club de Ajedrez Lucena acadou o 20º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

¡Parabéns a todos!

Enlace Info64: categoría Sub-16

Enlace Retransmisión: categoría Sub-16