Xunta de Galicia - Deporte Galego

XI Circuito Galego Xadrez Promoción 2016.

Pubrícanse as bases do XI Circuito Galego de Xadrez Promoción 2016. O prazo de inscrición de torneos ao circuito pecharase o 20 de marzo de 2016, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2015 e o resto das solicitudes por orde de entrada. Non se aceptarán máis de 20 torneos no Circuito. Os … Ler máis

Alineacións Liga Galega por equipos de Club. Tempada 2016.

Atendendo ao apartado 3.6 do artigo 62º do Título VIII: Liga Galega por equipos de Club do Regulamento Xeral de Competicións, lémbrase aos delegados que o prazo máximo para incorporar xogadores aos ordes de forza xa existentes, remata o Xoves, 03 de Marzo de 2016 ás 17:00 horas. Non se aceptarán alineacións rematado dito prazo.

Campionato de xadrez da USC 2015-2016

DATA: 26 de Febreiro de 2016. LOCAL DE XOGO: Sala de lectura da Facultade de Farmacia. INSCRICIÓNS: Poderán tomar parte tódolos membros da comunidade universitaria que o desexen sempre que sexan usuarios de Deportes da USC. Bases e inscricións.

Campionatos Galegos Entroido 2016 (Categorías Sub-14 e Sub-18)

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18 no Hotel Las Sirenas (Covas – Viveiro). Na categoría Sub-14 proclamouse Campión Galego o xogador do Ajedrez Padrón, Alfonso Lopez Gonzalez e como 1ª clasificada feminina Paula Garcia Alvarez do Xadrez Marín. E na categoría Sub-18 David Garcia Sobrino da … Ler máis