Xunta de Galicia - Deporte Galego

XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018

IMPORTANTE: Existe unha modificación no Calendario do XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2018. O torneo de Ourense de Xuño terá lugar o Sabado, 02 de Xuño de 2018 no Centro Maristas de Ourense. Calendario actualizado, neste enlace. Toda a información dos torneos, neste enlace.

Convocatoria subvención clubs da Secretaría Xeral para o Deporte

Convocadas as subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C). Recórdese que as solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Información dispoñible en: http://deporte.xunta.gal/

Campionatos Galegos Semana Santa 2018

O 25, 26 e 27 de Marzo de 2018 tiveron lugar as clausuras dos Campionatos Galegos Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-16, respectivamente. Na categoría Sub-08 o xogador da Escola Luguesa, Uxio Vilariño, proclamouse campión con 8 puntos dos 8 posibles. Sergio Diniz, do Circulo Xadrez Narón, foi subcampión con 7 puntos. A xogadora Emma Cernadas … Ler máis

IV Open Internacional Sub-2200 Hotel Cemar

¡¡BASES MODIFICADAS!! Datas: O 31 de Marzo e 01 de Abril de 2018 Local de xogo: Salons Hotel CEMAR sito na Estrada Xeral Ponteareas-Mondariz, Km 7 – Mondariz Balneario. Bases e inscricións. Listaxe inscritos. Fotos do torneo.

XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018

A Federación Galega de Xadrez para poder proceder a planificar e organizar o XXXI Circuito Galego de Xadrez durante os próximos meses de xuño, xullo e agosto, realizará unha reunión para fixar as normas e o calendario final do mesmo, que terá lugar no hotel Scala de Padrón o vindeiro día 24 de Marzo ás 17:30 … Ler máis

Cancelación rexistral de determinadas entidades deportivas

Hoxe publicouse no DOG o ”ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica a Resolución do 7 de marzo de 2018 pola que se decreta a cancelación rexistral no Rexistro de Entidades Deportivas e a perda do recoñecemento oficial de determinadas entidades deportivas”. Conforme se indica … Ler máis