Xunta de Galicia - Deporte Galego

Fide Grand Prix 2017

A Federación Internacional de Ajedrez, FIDE, confirmou oficialmente as sedes e datas do GRAND PRIX 2017. Podes ver o comunicado en este enlace.

España será a anfitriona do Torneo final en novembro 2017 e a sede será Palma de Mallorca, que é parte da historia do Xadrez desde os súper torneos organizados alí nos anos sesenta. En Palma organizouse o Interzonal de 1970 gañado por Robert Fischer que permanece nos recordos do xadrez.

A fórmula renovada do FIDE Grand Prix para o ciclo 2017-2018 amplía a veinticuatro o número de participantes, dezaoito deles xogando en cada torneo. Cada participante pode tomar parte en tres dos catro torneos de 2017, acumulando os puntos. Os dous mellores xogadores clasificaranse para o torneo de Candidatos de 2018.

O Wild Card da Federación Española de Ajedrez concederase ao Gran Mestre Francisco Vallejo Pons, con 2711 puntos Elo. O torneo está programado do 15 ao 26 Novembro de 2017.