Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato de España de Xadrez para cegos e deficientes visuales

O pasado xoves 23 de Novembro de 2023 finalizou o XXXII Campionato de España Individual Absoluto FEDC, na localidade de Isla en Cantabria. Participaron os seguintes xogadores galegos: Carmen Lago (ONCE), Dilan Rodríguez (ONCE) e David Fernández Lago (EX Pontevedra). David Fernández Lago proclamouse Campión de España logrando 7 puntos dos 8 posibles. Noraboa!

Solicitude organización Campionatos Provinciais 2024

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo de solicitude de colaboración na organización dos Campionatos Provinciais 2024. Modelo solicitude: formato pdf, formato excell, formato Open Office PRAZO SOLICITUDE ORGANIZACIÓN REMATADO. 

Campionato de Europa de Seleccións 2023

Onte luns 20 de novembro finalizou en Budva (Montenegro) o Campionato de Europa de Seleccións categoría Absoluta e Feminina, onde  a Selección Española de Xadrez obtivo o posto 17 na categoría absoluta e o 12 na categoría feminina. Podese consultar no seguiente enlace. Chess-results: Open & Woman Web Oficial: https://etcc23.me/