Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato de España Sub-12 2016.

Marc Carbonell de Valencia e Cecilia Guillo de Madrid son os Campións de España Sub-12 de xadrez lento 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Andrés Rodríguez Ferreirós do Xadrez Fontecarmoa que obtivo o 22º posto con 6,0 puntos dos 9 posibles. No Campionato de España de xadrez rápido sub-12 o xogador da Escola Luguesa … Ler máis

III Torneo Internacional Xadrez Campus de Ourense 2016

O xogador MI Arian González Pérez proclamouse campión no III Torneo Internacional Xadrez Campus de Ourense 2016. Toda a información, neste enlace. Clasificación xeral provisional do XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016 (actualizada 11/07/2016).

Torneos fin de semana

II Torneo Tapería A Vila (1º torneo pertencente ao III Circuito Verán Enroque) Data: Venres, 08 de Xullo de 2016. Local de xogo: Tapería A Vila (sito na Rúa Juan Garcia, Nº 7 – Vilagarcía de Arousa). Inscricións: De balde no e-mail torneos@cxfontecarmoa.com Bases do III Circuito Verán Enroque. Bases do II Torneo Tapería A … Ler máis

Campionato de España Individual Absoluto 2016

DATAS: Do 05 ao 13 de Agosto de 2016. LOCAL DE XOGO: Auditorio El Pósito Linares (sito na R/ Igleias, Nº 8 – Linares) INSCRICIÓNS: O canon de inscrición é de 49,00 €. O prazo de inscrición será ata o 25 de Xullo de 2016. Todas as inscricións deberán formalizarse na FEDA a través da … Ler máis

VIII Aberto Internacional de Xadrez Carlos I Silgar 2016

Onte rematou o VIII Aberto Internacional de Xadrez Carlos I Silgar o 1º torneo pertencente ao XXIX Circuito Galego Internacional de Xadrez 2016. Máis de 100 participantes e David Lariño, da Escola Luguesa, proclamouse campión do torneo. Máis información, neste enlace. Clasificación xeral provisional do XXIX Circuito Galego de Xadrez 2016 (actualizada 04/07/2016).

Campionato de España Sub-10 2016

Javier Habans de Navarra e Claudia Hernandez de Andalucía son os Campións de España Sub-10 de xadrez lento 2016. O mellor xogador galego clasificado foi Raúl Seoane Castilla do Círculo Ferrolano que obtivo o 37º posto con 5,5 puntos dos 9 posibles. No Campionato de España de xadrez rápido sub-10 o xogador do Club Xadrez … Ler máis