Xunta de Galicia - Deporte Galego

V Torneo Escolar Ramiro Sabell

Preto de 200 xogadores déronse cita no 4º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: V Torneo Escolar Ramiro Sabell. Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluto. Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 19/05/2018).

XXX Aberto Escolar Peón de Ouro 2018

O pasado fin de semana tivo lugar o 3º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: XXX Aberto Escolar Peón de Ouro onde preto de 90 xogadores participaron. Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14. Fotos do torneo Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 14/05/2018).

XVIII Torneo de Xadrez Concello da Guarda

Máis de 180 participantes reuníronse o pasado sabado, 05 de Maio no 2º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2018: XVIII Torneo de Xadrez Concello da Guarda. Toda a información, neste enlace. Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 09/05/2018).

III Vila de Noia

O pasado Martes, 01 de Maio de 2018 na Sociedade Liceo de Noia tivo lugar o 1º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: III Vila de Noia con máis de 120 xogadores participantes. Máis información do torneo, neste enlace. Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizado o 04/05/2018).

XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018

IMPORTANTE: Existe unha modificación no Calendario do XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2018. O torneo de Ourense de Xuño terá lugar o Sabado, 02 de Xuño de 2018 no Centro Maristas de Ourense. Calendario actualizado, neste enlace. Toda a información dos torneos, neste enlace.