Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos “Xunta de Galicia” Entroido 2026

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Entroido 2026 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Ajedrez Lucena, David Álvarez González proclamouse Campión, Nicolás Fernández Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) foi o  Subcampión  e  Mateo Rey Barciela (Club Ajedrez Lucena) o 3º clasificado. Zoe Rodriguez Collazo (TDFC) acadou o  9º posto da xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

Na Categoría Sub-18,  proclamouse Campión o xogador  Diego Cacheiro Blanco (Sección Deportiva Usc), Alejandro Cereijo Suarez  (Club Ajedrez Padrón) foi o Subcampión e Iago Fernández Ramos (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Nerea Cereijo Suárez (Escola Xadrez Compostela) acadou o  14º posto da xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

¡Parabéns a todos!

Enlaces Info64: categoría Sub-14 y categoría Sub-18.

Enlaces Retransmisión:  categoría Sub-14 , categoría Sub-18.