Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos “Xunta de Galicia” Sub14 e Sub18 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos ” Xunta de Galicia” 2025, categorías  Sub-14 Open e  Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14 o xogador da Escola de Xadrez Compostela, Nicolás Fernández Sabajanes  proclamouse Campión, Sergio Calvo Miguez tamén da Escola de Xadrez Compostela foi o Subcampión e Luis Barreiro Rebolo (Escola Luguesa de Xadrez) o 3º clasificado. Antía Reboredo Barrosa ( CD Xadrez Ourense) acadou o posto 9º da Xeral e foi 1ª clasificada feminina.

Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador Diego Cacheiro Blanco de USC, Breixo Longueira Alonso (CA Padrón) foi o Subcampión e Alejandro Cereijo Suárez (CA Padrón) o 3º clasificado. Pura Diéguez Novoa do Xadrez Benchoshey foi a 1ª clasificada femenina (10º posto na Xeral).

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2025

Campionato Galego Sub-18 Open 2025