Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato Galego Sub-16 e Absoluto, Feminino e Veterán 2022 «Xunta de Galicia»

O sábado tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-16  e Absoluto, Feminino Veteráns «Xunta de Galicia».

O xogador do Club Xadrez Mos, Xabier Pérez Sousa proclamouse Campión  Galego Sub-16, Alejandro Cereijo Suárez ( Escola  Xadrez Compostela) foi o Subcampión e Paula Suárez Gomez (Club Xadrez Fontecarmoa) a 3º clasificada na xeral e 1ª clasificada feminina.

Toda a información, neste enlace.

Na categoría Absoluta, Luis Marco Medarde Santiago (CD Portas Abertas Verín) proclamouse Campión Galego, David Gómez Diéguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi subcampión Galego e Rubén Fernández López (Escola Xadrez Pontevedra) 3º clasificado. Inés Prado Acebo ( Club Xadrez Rianxo) conseguiu o 8º posto na xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

Nas categorías Veteráns, D. Francisco Carrera Perez (SD Club Marcote) foi o  1º veterano +50 no  6º posto con 6 puntos e na categoría veteráns + 65  o  1º foi  D. Avelino Leiros Vila (SD Club Marcote) no  posto 12º con 5,5 puntos.

Toda a información, neste enlace.

Parabéns!!