Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos Galegos Sub18 e Absoluto 2021

Onte  tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub 18 e Absoluto.

Andres Rodriguez  (Club X. Fontecarmoa) proclamouse Campión Galego Sub-18 con 6,5 puntos dos 8 posibles, Angel Sanmartin (Club A. Padrón) foi subcampión galego e Artai Bringas  (Club X. Laroca) 3º clasificado. Marta Quintas  (Escola Luguesa) acadou o  18º posto da xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

Na categoría Absoluta, David Lariño (CD Portas Abertas Verin) proclamouse Campión Galego Absoluto con 7 puntos dos 8 posibles,  Luis Marco Medarde (tamén de CD Portas Abertas Verin ) foi subcampión galego e o 3º clasificado Diego Espiñeira ( Club A. Padron). Nerea Cereijo ( E.X. Compostela) acadou  o  29º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Nas categorías Veteráns, D. Jose Fernández Otero foi o 1º veterán +50 no 21º posto con 5 puntos, e na categoría veterán +65 D. Fernando Casares Ripol acadou o 1º veterán +65 no 26º posto con 4,5 puntos.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-18 Open 2021.

Campionato Galego Absoluto Open 2021.

Retransmisión:

Campionato Galego Sub-18 Open.

Campionato Galego Absoluto Open.