Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026

Onte, 25 de Agosto de 2026, tivo lugar nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2026.

O GM de Andalucía, Alan Pichot e a IM Marta García Martín da Federación Valenciana; proclamáronse Campións de España Absoluto e Feminino 2026.

Os nosos xogadores representantes: Bernardo Rebollo Montes (EX Pontevedra) obtivo o 77º posto con 4,5 puntos e a WIM Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) obtivo 4,0 puntos e o posto 81º da xeral.

Máis información en Info64.