Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato de España de Xadrez Rápido Sub8 a Sub18-2025

O Domingo 27 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios na Institución Ferial de Extremadura FEVAL -Salón de Bodas en Don Benito (Badajoz) do Campionato de España de Xadrez Rápido Sub 8 a Sub18 2025.

Na Categoría Sub 08 os xogadores Eric March Lleti e Sofía Inés Moreno Azorín da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 08. O xogador galego mellor clasificado foi Artai Lamela Babarro (Club Deportivo Xadrez Ourense) no posto 8º con 6 puntos.

Na Categoría Sub 10: Hugo Pérez Solana da Federación Extremeña de Xadrez e Laia Cid Marcos da Federación Catalana de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 10. O mellor clasificado galego foi a xogadora  Mar Rodriguez Collazo (TDFC) no posto  59 con 4.5 puntos.

Na Categoría Sub 12: Hugo Giráldez Requena e Alba Perea Fruet da Federación Andaluza de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 12 O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique Garcia (Club Deportivo Xadrez Ourense) no 4º posto con 7 puntos.

Na Categoría Sub 14: Martín Krauchi Romero da Federación Balear de Xadrez e Ester Prieto Rol da Federación Extremeña de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 14. A xogadora galega  Jimena Lavinia Abad (Alonso Deportivo Xadrez Ourense) foi a 2ª clasificada feminina no posto 26 da xeral.

Na Categoría Sub 16: MF Daniel Tabuenca Mendataurigoitia da Federación Cántabra de Xadrez e Laia Bosch Carrera da Federación Catalana de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 16. O xogador galego mellor clasificado foi Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño) no posto 5º con 6 puntos.

Na Categoría Sub 18: IM Diego Vergara Antón da Federación de Xadrez do Principado de Asturias e Cristina Sureda González da Federación Balear de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 18. A xogadora galega Pura Dieguez Novoa (Xadrez Benchoshey) foi a 2ª clasificada feminina no posto 15  da xeral.

Parabéns a tod@s!!

Enlaces Info64: Sub 08,  Sub 10,  Sub 12, Sub 14, Sub 16 y  Sub 18