Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato de España Absoluto e Feminino, Xadrez Rápido e Xadrez Relámpago 2016

CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO E FEMININO 2016.

Francisco Vallejo Pons proclamouse Campión de España Absoluto con 7,5 puntos mentras que Ana Matnadze proclamouse Campiona de España Feminina con 6,5 puntos. O Campionato de España Absoluto e Feminino celebrouse en Linares durante os días 5 e 13 de agosto e contou con 155 participantes. O podio absoluto completouse con David Antón Guijarro como subcampión e con Alvar Alonso Rosell como tercer clasificado. No podio feminino, Sabrina Vega Gutiérrez facíase có subcampionato mentras que Eihartze Buiza Prieto finalizaba na terceira posición.

Enlace a Info64.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XADREZ RÁPIDO 2016.

Alvar Alonso Rosell proclamouse Campión de España de Xadrez Rápido con 7,5 puntos. Na clasificación feminina, Ana Matnadze finalizou en primeira posición ocupando o octavo puesto na clasificación absoluta con 6,5 puntos. A clasificación absoluta completouna Miguel Muñoz como segundo clasificado e David Antón Guijarro como tercer clasificado, ambos con 7 puntos.

Enlace a Info64.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XADREZ RELÁMPAGO 2016.

O Campionato de España de Xadrez Relámpago concluíu o pasado luns 15 de Agosto con 134 participantes. Marc Narciso Dublan proclamouse campión con 8,5 puntos de 9 posibles. Alvar Alonso Rosell finalizou segundo con 8 puntos mentras que con 7 puntos Hipolito Asis Gargatagli acabou o torneo no tercer posto. Ana Matnadze, con 6 puntos, ocupou o primer posto na clasificación feminina.

Enlace a Info64.