Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato “Xunta de Galicia” Sub 10 e Sub12

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Semana Santa 2026 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-10 Open e Sub-12 Open.

Na Categoría Sub-10, o xogador do  Club Ajedrez Padrón, Fernando Carregal Toledo,  proclamouse Campión, Manuel Rios Delgado (Club Ajedrez Lucena) foi o Subcampión e Pablo Lomba Castro (Club Xadrez Laroca)  o 3º clasificado. Anna Soares Barreiro (xogadora independente) acadou o 6º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra), Martín González Rivero (Xadrez Mos) foi o Subcampión e Xoel Roo Perez (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Emma Etterbeek Pombo (Xadrez Mirko) acadou o 9º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

¡Parabéns a todos!

Enlaces Info64: categoría Sub-10 e categoría Sub-12.

Enlaces Retransmisión: categoría Sub-10, categoría Sub-12,