Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos “Xunta de Galicia” Absolutos 2026

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos “Xunta de Galicia” Absoluto, Feminino e Veterán 2026.

O xogador da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro Blanco, proclamouse Campión con 7,5 puntos dos 8 posibles.  Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Bernardo Rebollo Montes (Escola Xadrez Pontevedra) o 3º clasificado con 6,5 puntos. Lidia Karen Zapata Campos do Xadrez Benchoshey acadou o 17º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Nas categorías Veteráns, D. Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o  1º veterano +50 no 2º posto con 6,5 puntos e na categoría veterana + 65  o 1º foi D. Matias Xosé Gonzalez-Chas Pico (Escola Técnica da Coruña) no posto 65º con 4 puntos.

Toda a información neste enlace.

Enlace Info64: categoría Absoluta.

Enlaces Retransmisión: categoría Absoluta.