Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionato de España Xadrez Rápido por equipos de Club 2025

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 23/2025 convoca o Campionato de España de Xadrez Rápido por equipos de Club 2025.

Terá lugar nos salóns do Restaurante Mandala en Zafra (Badajoz) o 20 de Setembro de 2025.

A cota de inscrición é de 60,00 € e o prazo estará aberto ata o 05 de Setembro de 2025.

Circular FEDA 23/2025 e Anexo de inscrición.