Xunta de Galicia - Deporte Galego

XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018

IMPORTANTE: Existe unha modificación no Calendario do XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2018. O torneo de Ourense de Xuño terá lugar o Sabado, 02 de Xuño de 2018 no Centro Maristas de Ourense. Calendario actualizado, neste enlace. Toda a información dos torneos, neste enlace.

Convocatoria subvención clubs da Secretaría Xeral para o Deporte

Convocadas as subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C). Recórdese que as solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Información dispoñible en: http://deporte.xunta.gal/