XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018
A Federación Galega de Xadrez para poder proceder a planificar e organizar o XXXI Circuito Galego de Xadrez durante os próximos meses de xuño, xullo e agosto, realizará unha reunión para fixar as normas e o calendario final do mesmo, que terá lugar no hotel Scala de Padrón o vindeiro día 24 de Marzo ás 17:30 horas.
No caso de participar, deberá remitir o formulario do torneo cumprimentado (formato doc ou pdf).