XVIII Circuito Galego Promoción 2025
Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2024, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XVIII CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2025.
A inscrición e confirmación dos torneos interesados en pertencer ao XVIII Circuito Galego Promoción 2025 estará aberto ata o 01/04/2025 (incluído) e deberase enviar un e-mail a fegaxa@fegaxa.org. Terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2024 e o resto das solicitudes por ausencia de torneo na cidade ou orde de entrada.
Toda a información, neste enlace.