XVI Circuito Promoción 2023
Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2022, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XVI CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2023, nun intento de volver a normalidade e seguir promocionando o xadrez nos rapaces máis xóvenes da sociedade galega aficionados a este deporte.
O prazo de ratificación dos eventos fíxase para o 10 de abril de 2023, polo que prégase que, antes deste día, os organizadores confirmen os seus torneos, comuniquen a necesidade cambios que procedan ou manifesten a renuncia a súa celebración.
Bases do XVI Circuito Promoción 2023, neste enlace.