XIX Campionato de España Individual de Veteranos 2022
Onte rematou o XIX Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 204 xogadores.
Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o Mestre Internacional Luis Maria Campos Gambuti proclamouse campión sumando un total de 7,5 , cos mesmos puntos, finalizou o IM José Candela Pérez como segundo clasificado, e o Galego Francisco Carrera Pérez finalizou na terceira posición con 7 puntos.
Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato, o Galego Marcos Lorenzo Duran ocupou a segunda plaza e o IM Juan Pomes Marcet foi o terceiro clasificado, ambos con 7 puntos.