Torneos Internacionales FEDA na Isla de La Palma
A Federación Española de Ajedrez organizou en Breña Baja, Isla de La Palma, catro eventos internacionais para que os xogadores e xogadoras de élite poidan participar en torneos de xadrez presencial do máximo nivel. O GM Iván Salgado López e o MI Julio Suárez Gómez foron os xogadores galegos participantes.
No Torneo Pechado Internacional FEDA GM, Julio Suárez Gómez finalizou en primeira posición con 6 puntos grazas ao que conseguiu a súa primeira norma de Gran Mestre. Noraboa!