Santiago será a capital mundial do xadrez infantil
Onte tivo lugar a presentación do Mundial de Xadrez, categoría Cadete na Cidade da Cultura de Galicia cá presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e os presidentes das Federacións Española e Galega de xadrez, Javier Ochoa Echangüen e Gaspar Pérez Carnero.
A Cidade da Cultura encherase de reis, raíñas, peóns e alfiles, grazas ao Mundial de Xadrez Cadete que celebrarase entre o 3 e o 16 de Novembro. 800 xogadores de entre 8 e 12 anos mediranse nesta competición na que se darán cita chavales de 80 países e dos 5 continentes. Serán 13 días nos que poderemos seguir, vía streaming, unhas 100 partidas en directo e nas que están previstas actividades paralelas como cursos de adestradores, excursións e talleres de xadrez escolar.