III Vila de Noia

O pasado Martes, 01 de Maio de 2018 na Sociedade Liceo de Noia tivo lugar o 1º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018: III Vila de Noia con máis de 120 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizado o 04/05/2018).

XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018

Pubrícase o calendario cós torneos pertencentes ao XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018.

Toda a información, neste enlace.

XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018

IMPORTANTE: Existe unha modificación no Calendario do XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2018. O torneo de Ourense de Xuño terá lugar o Sabado, 02 de Xuño de 2018 no Centro Maristas de Ourense.

Calendario actualizado, neste enlace.

Toda a información dos torneos, neste enlace.

Convocatoria subvención clubs da Secretaría Xeral para o Deporte

Convocadas as subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C).

Recórdese que as solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Información dispoñible en: http://deporte.xunta.gal/

Convocatoria de eleccións na Federación Galega de Xadrez

A partir de hoxe convócanse eleccións a Membros da Asemblea Xeral, Presidente e Membros da Comisión Delegada da Federación Galega de Xadrez, reguladas polo Regulamento Electoral que se elaborou a tal fin e nos prazos estipulados no Calendario Electoral.

Campionatos Galegos Semana Santa 2018

O 25, 26 e 27 de Marzo de 2018 tiveron lugar as clausuras dos Campionatos Galegos Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-16, respectivamente.

Na categoría Sub-08 o xogador da Escola Luguesa, Uxio Vilariño, proclamouse campión con 8 puntos dos 8 posibles. Sergio Diniz, do Circulo Xadrez Narón, foi subcampión con 7 puntos. A xogadora Emma Cernadas Camean, do Ajedrez Marquiño, foi a 1ª clasificada feminina e Maria Alonso, de Villa de Bouzas, a 2ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-10 o xogador do Xadrez Bretema, Iago Fernandez, proclamouse campión con 7 puntos dos 8 posibles. Diego Cacheiro, da USC, foi subcampión. A xogadora Nerea Cereijo, da Escola Xadrez Compostela, foi a 1ª clasificada feminina e Irene Diz, do Xadrez Fontecarmoa, a 2ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-12 o xogador do Ajedrez Marquiño, David Cernadas, proclamouse campión con 6.5 puntos dos 8 posibles. Pedro Fernandez, da Escola Luguesa, foi subcampión. A xogadora Paula Suarez, do Xadrez Fontecarmoa foi a 1ª clasificada feminina e Carmen Portela, da Escola Xadrez Pontevedra, a 2ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-16 o xogador da USC, David Buitron, proclamouse campión con 6.5 puntos dos 8 posibles. Martin Gomez, do Xadrez Ourense, foi subcampión. A xogadora Sabela Iglesias, da ETX da Coruña, foi a 1ª clasificada feminina e Paula Quintas, da Escola Luguesa, a 2ª clasificada feminina.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-16 e Absoluta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies