Torneos de Xadrez Albariño
XXXII TORNEO INFANTIL DE XADREZ ALBARIÑO
10º TORNEO PERTENCENTE AO XIII CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2018.
Data: Sábado, 28 de Xullo de 2018.
Local de xogo: Pavillón IES Ramón Cabanillas sito na Rua Rosalia de Castro – Cambados (Pontevedra).
Bases e inscricións do torneo.
LEMBRASE QUE PARA INSCRIBIRSE E PARTICIPAR É OBRIGATORIO TER SEGURO DEPORTIVO, POLO CAL, PREVIAMENTE Á INSCRICIÓN, OS XOGADORES EXTRANXEIROS OU OS NON FEDERADOS DEBERÁN ABONAR A CUOTA CORRESPONDENTE PARA CUMPRIR ESTE TRÁMITE E FEDERARSE A TRAVÉS DUNHA ENTIDADE DEPORTIVA ESPAÑOLA, SENDO RESPONSABILIDAD DOS SEUS CLUBS, ENTIDADES DEPORTIVAS OU COLEXIOS NON CUMPRIMENTALO.
XXXIV OPEN INTERNACIONAL DE XADREZ ALBARIÑO
3º TORNEO PERTENCENTE AO XXXI CIRCUITO GALEGO XADREZ 2018.
Datas: Do 01 ao 09 de Agosto de 2018.
Local de xogo: Pavillón IES Ramón Cabanillas sito na Rua Rosalia de Castro – Cambados (Pontevedra).
Libro informativo XXXIV Open Internacional de Xadrez Albariño.
Campionato de España Sub-14 2018
Pedro Antonio Ginés Esteo de Aragón alzouse co Campionato de España na categoría Sub-14 cun total de 8 puntos de 9 posibles. O valenciano Diego Macías Pino rematou como subcampión empatado a 7,5 puntos co xogador madrileño Yingrui Lin, quen rematou en terceira posición.
Cecilia Guillo Longares de Madrid proclamouse campioa de España finalizando quinta na clasificación xeral con 7 puntos. Acompañárona no podio Luna Yue Hernández Guerra de Canarias como subcampioa con 6,5 puntos e a xogadora aragonesa María Eizaguerri Floris como terceira clasificada con 6 puntos.
Toda a información neste enlace.
Campionato de España Sub-12 2018
O fin de semana tivo lugar no Hotel Best Western Hotel Salobreña a clausura e entrega de premios dos Campionatos de España Sub-12 de lentas e rapidas 2018. Neste último Campionato o xogador do Club Xadrez Padron, Xulio Del Prado Rodriguez obtivo o 4º posto.
Toda a información neste enlace.
Resolución da SXD para a concesión de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos
No día de onte saíu publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento PR949A).
Convocatoria do Campionato de España por equipos de Club 2018. Segunda División.
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 20/2018 convoca o Campionato de España por equipos de Club 2018. Segunda División.
Campionato de España Sub-10 lentas e rapidas
Este fin de semana tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos de España Sub-10 de lentas e rápidas onde a xogadora da Escola Xadrez Compostela, Nerea Cereijo Suarez, foi 3ª clasificada feminina na categoría de rápidas.
Toda a información nestos enlaces: Campionato de España Sub-10 lentas e Campionato de España Sub-10 rápidas.