III Torneo de Xadrez Concello de Mos 2018
O Sabado, 01 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 12º torneo pertenecente ao XIII Circuito Galego xadrez Promoción 2018: III Torneo de Xadrez Concello de Mos 2018 con preto de 180 xogadores.
Toda a información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluta.
Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 05/09/2018).
IV Torneo Internacional Vila de Noia
O Domingo, 02 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º e derradeiro torneo pertencente ao XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018: IV Torneo Internacional Vila de Noia con preto de 50 xogadores participantes e onde proclamouse campión o GM galego David Lariño Nieto (Xadrez Cabo Touriñan) con 8 puntos.
Máis información, neste enlace.
Clasificación FINAL xeral do XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018 (actualizada o 05/08/2018).
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino
Hoxe ás 17:00 horas terá lugar a 8ª rolda do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino onde o noso xogador galego FM Fernandez Sanchez Aller (Xadrez Rianxo) xogará con negras no taboleiro 19 contra Adrian A. Garcia Garcia de Castilla y Leon.
X Torneo Internacional Concello de Rianxo
O Sábado, 25 de Agosto de 2018 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 11º torneo pertencente ao XIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2018: X Torneo Internacional Concello de Rianxo con máis de 250 xogadores participantes.
Enlace de Info64.
Clasificación provisional XIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2018 (actualizada 27/08/2018).
Mundial Xovenes Sub-08 a Sub12. Santiago 2018
V Aberto Internacional de Xadrez “Hotel Cemar”
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 4º torneo pertencente ao XXXI Circuito Galego Xadrez 2018: V Aberto Internacional de Xadrez “Hotel Cemar” con preto de 90 xogadores participantes e onde proclamouse campión o GM Marius Manolache con 8 puntos.
Enlace Info64.
Clasificación provisional xeral do XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018 (actualizada o 24/08/2018)