Campionatos Galegos Entroido 2019 (categorías Sub-14 e Sub-18)

O pasado Martes, 05 de Marzo de 2019, tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18.

Ruben Fernandez Lopez da Escola Xadrez Pontevedra e Marta Quintas Fernandez da Escola Luguesa de Xadrez proclamáronse Campión e 1ª clasificada no Campionato Galego Sub-14.

No Campionato Galego Sub-18 foron Claudio Reboredo Martinez da Escola Tecnica de Xadrez e Angela Rodriguez Ferreiros do Club Xadrez Fontecarmoa o Campión e 1ª clasificada respectivamente.

Máis información en Info64: categoría Sub-14 e categoría Sub-18.

 

Liga Galega por equipos de Club 2019 – Prazo máximo alineación xogadores

Infórmase que o xoves, 07 de Marzo de 2019 ás 17:00 horas remata o prazo de alineación de xogadores aos ordes de forza dos equipos participantes na Liga Galega por equipos de Club 2019, atendendo ao apartado 3.6 do artigo 62 do Titulo VIII do regulamento Xeral de Competicións: “3.6. Todos os xogadores incorporados a un club unha vez finalizado o período de notificación de ordes de forza, de incluírse nalgún equipo, engadiranse co número de orde seguinte ao que xa exista, sendo o prazo límite 48 horas antes do comezo da sexta rolda, tomando como referencia a división de honra.”

Para poder alinear xogadores dentro do prazo establecido, habería que enviar un e-mail a fegaxa@fegaxa.org. Rematado o prazo non se aceptarán máis incorporacións.

 

I Open Internacional Sub-2200 – Xadrez Ponteareas

Torneo valedero para elo Fide e Feda.

Datas: 02 e 03 de Marzo de 2019

Local de xogo: Centro de Servicios Sociais de Ponteareas: Rua Oriente, Nº 8 – Ponteareas

Bases e inscricións.

Curso presencial de Árbitro de Base e Árbitro Autonómico de xadrez

Datas: 10 e 31 de Marzo, 19 e 20 de Abril de 2019.

Rematado o prazo de inscrición.

Convocatoria e temario, neste enlace.

Concesións arbitraxes Campionatos Galegos 2019

Rematado o pasado 19 de Febreiro de 2019 o prazo de solicitudes de arbitraxe para os Campionatos Galegos 2019, pubrícanse as concesións correspondentes neste enlace.

Deputacion de Pontevedra – Subvencións a clubs deportivos para o ano 2019

Convocatoria de subvencións a clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional.

Toda a información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies