VII Masterchess Centro Comercial Arousa 2019

O Sabado tivo lugar no Centro Comercial Arousa o 7º torneo pertencente ao XIV Circuito Galego Xadrez Promoción 2019: VII Masterchess Centro Comercial Arousa 2019 con preto de 150 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Clasificación provisional do XIV Circuito Galego Xadrez Promoción 2019 (actualizada 11/06/2019)

I Torneo de Promoción de Ferrol

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

Data: 07 de Xuño de 2019.

Local de xogo: Casa do Xadrez ferrolán sito no Centro Comercial Portanova (Ferrol – A Coruña).

Bases e inscricións.

V Torneo Xadrez e Natureza.

Data: 16 de Xuño de 2019.

Local de xogo: Parque Forestal “A Fraga do Rei” – Cristiñade (Ponteareas)

Bases e inscricións do torneo.

Simultáneas G.M. Luis Galego.

XI Copa Maristas Galicia de Xadrez Escolar 2019

O Sábado, 01 de Xuño de 2019 no Colexio Maristas de Ourense tivo lugar o 6º torneo pertencente ao XIV Circuito Galego Xadrez Promoción 2019 con máis de 210 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Clasificación provisional do XIV Circuito Galego Xadrez Promoción 2019 (actualizada 03/06/2019)

Copa Galicia de Clubs 2019: categoría Cadete e categoría Absoluta

O Sabado, 25 de Maio de 2019 no Colexio Jaime Balmes tivo lugar a Copa Galicia de Clubs 2019, categoría cadete con 11 equipos participantes e onde o equipo Xadrez Ourense proclamouse Campión con 9 puntos.

Toda a información, neste enlace.

E o Domingo, 26 de Maio de 2019 no Colexio Jaime Balmes tamén tivo lugar a Copa Galicia de Clubs 2019, categoría absoluta con 30 equipos participantes e onde o equipo Xadrez Verín A proclamouse Campión con 11 puntos.

Toda a información, neste enlace.

X Pontexadrez ao Aire Libre

O 25 de Maio de 2019 na Praza de España de Pontevedra tivo lugar o 5º torneo pertencente ao XIV Circuito Galego Xadrez Promoción 2019 con máis de 230 xogadores participantes.

Máis información do evento, neste enlace.

Enlaces Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluto.

Clasificación provisional do XIV Circuito Galego Xadrez Promoción 2019 (actualizada 27/05/2019)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies