Convocatoria seminario Árbitro FIDE 2020

Publicouse a circular 14/2020 a través da que se convoca o Seminario de Árbitros FIDE 2020. Pódese consultar no seguinte enlace.

I CAMPIONATO IBEROAMERICANO INDIVIDUAL ABSOLUTO ONLINE

Data: do 25 de maio ao 5 de xullo de 2020

Local de xogo:  Online

Circular 12/2020 – Campionato Iberoamericano Individual Absoluto online

Enlace a Chess24

Enlace Info64

Subvencións a entidades Deportivas Convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte

O  luns 11.05.2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2019 publicada no DOG do 11.01.2020 (código de procedemento PR945C).

Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: dende mañá martes 12.05.2020 ata o luns 25.05.2020. Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e en “Accións” seleccionar “Emenda ao requirimento”; téñase ademais especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar –PR945C-.

As entidades cun dobre asterisco (**) no motivo da emenda figuran tamén no anexo II de solicitudes inadmitidas.

 

Ver listaxe e contacto en: https://deporte.xunta.gal   (apartado CONVOCATORIAS)

Libros de Xadrez

Para este tempo de confinamento  propoñemos sesións de adestramento cos Libros de xadrez:

1.-Xadrez para todos:

Iniciación I, Volumen I

Iniciación II, Volumen II

Intermedio I, Volumen III

Intermedio II, Volumen IV

Avanzado I, Volumen V.

2.-Xoga e aprende:

Volumen I

Volumen II

Volumen III

Volumen IV

URXENTE – Suspensión actividades e competicións

PERMANECEN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES  E COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS E NACIONAIS, ata que finalice esta situación motivada polo coronavirus e  póidanse reanudar con normalidade, sempre coas garantías  e autorización das autoridades deportivas e sanitarias.

TODOS  QUEDAMOS NA CASA, ENTRENAMOS NA CASA PARA VOLTAR  CANTO ANTES “

FEGAXA – Atención ao público

Con motivo da aparición do brote de Coronavirus, enfermidade COVID-19, desde a FEGAXA manifestamos que seguiranse de forma estricta as directrices e recomendacións que se establezcan, tanto desde a SXD, como por parte das autoridades sanitarias.

De acordo cás recomendacións recibidas, todo o personal da Federación pasa ao réxime de Teletraballo, desde o luns (16/03/2020) ata o día 01 de Abril de 2020.

A atención ao público da FEGAXA continuará con total normalidade por correo electrónico: fegaxa@fegaxa.org.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies