Campionato de España Sub-12 e Sub-12 rápidas 2021
O cántabro Dani Tabuenca Mendataurigoitia alzouse có Campionato de España na categoría sub-12 cun total de 8 puntos de 9 posibles. Na clasificación feminina, a canaria Helena Joana Li Chen proclamouse Campioa de España con 6 puntos.
O xogador galego mellor clasificado foi Alexandre Rodríguez Vieito (Club Xadrez Mos) con 6,5 puntos e o 11º posto.
Enlace a Info64.
O cántabro Dani Tabuenca Mendataurigoitia tamén alzouse có Campionato de España na categoría sub-12 Rápido cun total de 8 puntos de 9 posibles. Na clasificación feminina, Ángela García González de Andalucía finalizou en primeira posición con 5 puntos.
Neste Campionato o xogador galego mellor clasificado foi Iago Fernández Ramos (Club Ajedrez Marquiño) con 5,5 puntos obtendo o 30º posto.
Enlace a Info64.
Campionato de España Sub-10 e Sub-10 rápidas 2021
O jugador rioxano Jon Bocos Delgado alzouse có Campionato de España na categoría sub-10 cun total de 8 puntos de 9 posibles. A madrileña Laura García Olivar proclamouse Campioa de España con 6 puntos.
O xogador galego mellor clasificado foi Diego Ibáñez Cruces (Club Ajedrez Lucena) con 6,0 puntos e o 14º posto.
Enlace a Info64.
No Campionato de España rápido na súa categoría sub-10 contou con 120 participantes. O balear Pau Marín Ferragut proclamouse Campión do torneo con 9 puntos de 9 posibles.Na clasificación feminina, a navarra Amaya Alfaro Aldunate con 5,5 puntos alzouse cá victoria.
Neste Campionato o xogador galego mellor clasificado tamén foi Diego Ibáñez Cruces (Club Ajedrez Lucena) con 6,5 puntos obtendo o 12º posto.
Enlace a Info64.
Campionato de España Sub-08
O valenciano Carlos Roche Fraile alcanzou o Campionato de España na categoría sub-8 cun total de 7,5 puntos de 8 posibles. A xogadora canaria Yraya de León González proclamouse Campioa de España con 5 puntos.
O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique García (Xadrez Ourense) con 5,5 puntos e o 13º posto.
Enlaces:
Campionato de España por Seleccións Autonómicas 2021
Onte tivo lugar no Hotel Begoña Park de Gijón a clausura e entrega de premios dos Campionatos de España en idade Escolar por Seleccións Autonómicas, categorías Infantil e Cadete.
A Selección Galega Infantil proclamouse Subcampioa de España con 9 puntos.
A Selección Cadete obtivo o 5º posto con 7 puntos empatados có 4º clasificado.
Noraboa!!!
Enlaces Info64:
Campionato España Seleccións Autonomicas-Infantil 2021.
Campionato España Seleccións Autonomicas-Cadete 2021.
Retransmisión:
I Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2021
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 19/2021 convoca o I Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2021.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021
O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021.
Diego Ibañez (Lucena) proclamouse Campión Galego Sub-10 con 7 puntos dos 8 posibles, Begoña Lage (Xadrez Mos ) foi subcampioa Galega e 1ª clasificada feminina e Mateo Martínez (Xadrez Benchoshey) 3º clasificado.
Na categoría Sub-12, Nicolas Amado ( Xadrez Val do Dubra) proclamouse Campión Galego con 6,5 puntos dos 8 posibles, Iago Fernandez (Ajedrez Marquiño) foi subcampión Galego e Mateo Dibuja (Liceo Ourense) 3º clasificado. Angela Castiñeira ( Regatas Perillo ) acadou o 5º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlaces a info64:
Campionato Galego Sub-10 2021.
Campionato Galego Sub-12 2021.
Retransmisión en directo:
Campionato Galego Sub-10 2021.
Campionato Galego Sub-12 2021.