XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 25/2021 convoca o XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021.

Toda a información, neste  enlace.

Campionato de España Sub-18 e Sub-18 rápidas 2021

A aragonesa María Eizaguerri Floris proclamouse Campioa do Campionato de España Sub-18 con 7,5 puntos en 9 roldas. María convertiuse na primeira muller en proclamarse campioa de España en categoría absoluta a ritmo tradicional. Empatados a 7,5 puntos, o catalán Guerau Masagué Artero conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador navarro Juan Labiano Hernández ocupou a terceira posición.

Na clasificación feminina, Lulu Zhou de Madrid como subcampioa e Adhara Rodríguez Redondo de Canarias como terceira clasificada, ambas empatadas a 6 puntos, acompañaron no podio á campioa María Eizaguerri Floris.

O xogador galego mellor clasificado foi Andrés Rodríguez Ferreirós (Xadrez Fontecarmoa) con 6,5 puntos e o  15º posto.

Enlace a Info64

Retransmisión en directo

O madrileño Gabriel Quispe Arteaga proclamouse campión do Campionato de España Sub-18 Rápido con 7,5 puntos de 9 posibles. Cós mesmos puntos, o catalán Pedro Antonio Ginés Esteo conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador de Murcia Aaron Alonso García ocupou a terceira posición.

Na clasificación feminina, a catalana Joana Ros Alonso alzouse cá victoria con 6,5 puntos. Viviana Galván Cipriani de Valencia (6 puntos) e María Eizaguerri Floris de Aragón (6 puntos) finalizaron na segunda e terceira posición respectivamente.

O xogador galego mellor clasificado foi Artai Bringas Gómez (Xadrez Laroca) con 7 puntos e o 5º posto.

Enlace a Info64.

Calendario Deportivo 2021 da FEDA

A Federación Española de Ajedrez publica a circular 21/2021 coa actualización do Calendario Deportivo 2021 aprobado pola Asemblea Xeral. Pódese consultar no seguinte enlace.

Campionato de España Sub-16 y Sub-16 rápidas 2021

O xogador Rubén Fernández López da Escola Xadrez Pontevedra  proclamouse Subcampión  no Campionato de España Sub-16 2021 con 7,5 puntos dos 9 posibles e  terceiro  clasificado no Campionato de España Sub-16 rápido 2021 con 7, 5 puntos empatado co primer e segundo clasificado.

Noraboa!!

Campionato de España Sub-16 y Sub-16 rápidas 2021

Yingrui Lin de Andalucía  alzouse co Campionato de España na categoría Sub-16 cun  total de 8 puntos de 9 posibles. Acompañanouno  no  podio o  Galego Rubén Fernández López ( Escola Xadrez Pontevedra) como subcampión (7,5 puntos).  Na clasificación feminina a valenciana Lucía Follana Albelda  proclamouse campioa de España con 6 puntos.

Enlace a Info64.

Retransmisión en directo.

O madrileño Sebastián Reyes Peñas  proclamouse campión do Campionato de España Sub-16 Rápido con 7,5 puntos en 9 roldas. O xogador  Galego Rubén Fernández López ( Escola Xadrez Pontevedra) ocupou a terceira posición. Na clasificación feminina, a navarra Leyre Abrisqueta Zudaire  alzouse coa victoria con 7 puntos.

Noraboa!

Enlace a Info64.

Campionato de España Sub-14 e Sub-14 rápidas2021

O Valenciano Diego Macías Pino alzouse có Campionato de España na categoría sub-14 cun total de 8 puntos de 9 posibles. Na clasificación feminina,  Aramí Lobo Pereira de Cataluña  proclamouse campiona de España finalizando con 6 puntos

O xogador Galego mellor clasificado foi Xavier Perez Sousa ( Xadrez Mos) con 6,0 puntos e o  27º posto.

Enlace a Info64.

Retransmisión en directo.

O  valenciano Diego Macías Pino tamén   proclamouse campión no Campionato de España Sub-14 Rápido con 8 puntos de 9 posibles. Na clasificación feminina, a canaria Mirella Almeida Cubas  alzouse ca victoria con 5 puntos.

Neste Campionato o xogador Galego mellor clasificado foi  Hugo Dominguez Conde ( Escola Xadrez Compostela) con 5,5 puntos conseguindo o 35º posto.

Enlace a Info64.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies