Arbitraxes Campionatos Galegos 2022

A Federación Galega de Xadrez convoca os arbitraxes para os Campionatos Galegos 2022.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 14/02/2022 (incluído).

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Provinciais 2022 “Xunta de Galicia”

O domingo, 13 de Febreiro de 2022 terán lugar os seguintes Campionatos Provinciais 2022 “Xunta de Galicia”.

As bases dos diferentes Campionatos Provinciais 2022 “Xunta de Galicia” neste enlace.

Todo xogador participante deberá cumprir o PROTOCOLO FISIOCOVID-DXTGALEGO PARA XADREZ para competición (antes, durante e despois). En caso contrario, poderán ser dados de baixa no mesmo.

Protocolo FisioCovid-DXTGalego de Xadrez.

Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”

Pubrícanse os grupos definitivos para a Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”:

Infórmase que o sorteo para os calendarios realizarase o xoves (03/02/2022) a partir das 16:30 horas.

Afiliación Tempada 2022

A Federación Galega de Xadrez, a través do programa XEFEGA, abre o prazo de afiliación para a tempada 2022.

Toda a documentación necesaria, neste enlace.

PRAZOS  LÍMITES DE XESTIÓN POR INTERNET (XEFEGA)
 NOTIFICACIÓN ALTA/BAIXA EQUIPOS : FINALIZADO
 MODIFICACIÓN ORDES DE FORZA : FINALIZADO
 INGRESOS DA LIQUIDACIÓN : 07  ao  20 de FEBREIRO de 2022 (a.i.)

Bases reguladoras para a concesión de subvencións 2022 da SXD

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220105/AnuncioG0595-141221-0004_gl.html

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR945C).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220105/AnuncioG0595-141221-0002_gl.html

Circulares Fegaxa 2022

A Federación Galega de Xadrez pubrica as seguintes circulares:

Circular 01/2022: Cotas e inscricións tempada 2022.

Circular 02/2022: Seguro Deportivo 2022.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies