V Open Internacional de Xadrez ABanca Semana Verde de Galicia

O sábado, 1 de Xuño tivo lugar a Clausura e entrega de premios do 1º Torneo pertencente ao  XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024: V Open Internacional Abanca, coa participación de 138  xogadores.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12  e Sub-14.

Clasificación Provisional do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024

Para máis información do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024, aquí.

Campionatos Galegos por equipos de Club 2024

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS DE CLUB 2024 XADREZ LÓSTREGO

O sábado, 25 de Maio de 2024 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar o Campionato Galego por Equipos de Club 2024 Xadrez Lóstrego, onde o equipo CXF Viajes Interrias Sanxenxo  proclamouse Campión 2024. O Subcampión foi o equipo Club Xadrez Rianxo e o 3º clasificado o Benchoshey Pereiro de Aguiar.

Enlace Info64.

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS DE CLUB 2024 XADREZ RÁPIDO

O Domingo, 26 de Maio de 2024 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar o Campionato Galego por Equipos de Club 2024 Xadrez Rápido, onde o equipo Club Xadrez Ourense A  proclamouse Campión 2024. O Subcampión foi o  equipo CXF Viajes Interrias e o 3º clasificado o Xadrez Mos A.

Enlace Info64.

Tamén realizouse un pequeno homenaxe os tres primeiros equipos clasificados da máxima categoría da Liga Galega 2024 (División de Honra): Club Deportivo Xadrez Ourense (Campión) CXFViajes Interrias Sanxenxo (2º Clasificado)  e Xadrez: Estratexia pola paz (3º Clasificado)

 

Concesión arbitraxe Campionatos Galegos Individuais Lóstrego e Rápidas 2024

A Federación Galega de Xadrez pubrica a concesión do arbitraxe como principal e/ou adxunto nos Campionatos Galegos Individuais xadrez Lóstrego e xadrez Rápido que terán lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) o 01 e 02 de Xuño de 2024.

Toda a información, neste enlace.

Campionato de España Individual de Xadrez Inclusivo 2024

A Federación Española de Xadrez a través da súa circular 10/2024 convoca o  Campionato de España Individual de Xadrez Inclusivo 2024.

Toda a información,  neste enlace.

Concesión Arbitraxes Campionato Galego por equipos de Club (Blitz e Rápidas)

Rematado o prazo de solicitude de arbitraxe para os Campionatos Galegos por equipos de club 2024, modalidades Blitz e Rápido, publícase a concesión dos mesmos neste enlace.

Liga Galega por equipos de Club 2024

Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2024 o pasado 11 de Maio de 2024, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2024 con 48,5 puntos, seguido do CXF – Viajes Interrias Sanxenxo con 42,0 puntos e o 3º clasificado foi Xadrez: Estratexia pola paz con 41,5 puntos.

Atendendo ás clasificacións finais de cada categoría, publícase a composición provisional da Liga Galega por equipos de club 2025 cá nova división: PREFERENTE.

Toda a información, neste enlace.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies