XIV Open McDonalds
O sabado 05 de Novembro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 13º Torneo pertencente ao calendario do XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: XIV Open McDonalds.
Enlaces a Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta.
Clasificación Final do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 07/11/2022)
I Torneo Escolar ERLAC
O sabado 15 de Outubro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 12º Torneo pertencente ao calendario do XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: I Torneo Escolar Erlac.
Enlaces a Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta.
Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 02/11/2022)
Modificación Calendario XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022
Infórmase da suspensión do I Torneo Escolar Cidade de Lugo pertencente ao XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022.
IMPORTANTE: Para optar a clasificación final será necesario participar e finalizar 7 torneos.
Convocatoria axudas DGAN 2022
A Fundación Deporte Galego pubricou o venres, 07 de outubro de 2022, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2022, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2022”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.
Esta convocatoria conta, nesta ocasión, con nove tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2021.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 24 de outubro de 2022.
Bases da convocatoria de Axudas DGAN 2022.
Máis información, neste enlace.
Modificación Calendario XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022
Infórmase da suspensión do V Torneo Colegio Los Sauces pertencente ao XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022.
Campionato de España por Equipos de Club de Primeira División 2022
O sábado 23 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Talasso Gran Hotel Sanxenxo do Campionato de España por Equipos Ceclub Primeira División, o equipo Aragonés Myinvestor Casablanca proclamouse campión con 12 puntos e xogará a próxima tempada na División de Honra xunto ao Gros Xake Taldea del País Vasco quén finalizou na segunda posición tamén con 12 puntos, o equipo Galego “Club Deportivo Xadrez Ourense” completou o podio con 9 puntos. O tamén equipo Galego Club Xadrez Fontecarmoa-Viaxes Interrias Sanxenxo quedou na sexta posición con 4 puntos.
Parabéns!!!
Clasificación Final Campeonato de España Ceclub Primera División.