Torneo Aniversario CIDU 2023
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2023/04/ANIVERSARIO-2023-EN-CASINO.jpg)
Onte, 01 de Maio de 2023 tivo lugar o I TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023 con preto de 110 xogadores participantes.
Toda a información do torneo nos seguintes enlaces de Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado o 02/05/2023).
Cuarta División – Pontevedra Sur 2023
O Luns, 01 de Maio de 2023 no Hotel CEMAR de Mondariz Balneario terá lugar a Cuarta División – Pontevedra Sur 2023 cun total 20 equipos participantes: 2 equipos do Villla de Bouzas (Vigo), 3 equipos do Xadrez Ramiro Sabell (Ponteareas), 4 equipos de Xadrez Mos, 2 equipos do Xadrez Laroca (Nigran), 4 equipos da EM Puenteareas, 2 equipos da SD Club Marcote e 3 equipos do Apóstol Santiago (Vigo).
Bases da Cuarta División – Pontevedra Sur 2023.
Máis información, neste enlace.
Campionatos de España de Xóvenes 2023.
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2023/04/C09_Cartel_Salobreña_2023.jpg)
A FEDA a través da súa circular 09/2023 convoca os Campionatos de España de Xóvenes Xadrez Standard Sub-008 a Sub-18 e Xadrez Rápido Sub-10 a Sub-18 2023.
Toda a información, neste enlace.
Para realizar as inscricións, nesta páxina web.
Subvencións a Clubs Deportivos Galegos tempada 2022/2023 ou 2023 – Deporte Adaptado
No día de hoxe (26/04/2023) pubricouse no DOG a ORDE do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).
Máis información, neste enlace.
Campionato de España Universitario Xadrez 2023.
O xogador do Xadrez Fontecarmoa e IM Julio Suarez Gómez da USC proclamouse, por segundo ano consecutivo, Campión de España Universitario. Máis información, neste enlace.
O podio por Equipos quedou da seguinte maneira: USC 76,5 – 619,5 (1º Posto), Granada 76,5 – 518,5 (2º Posto) e Complutense De Madrid 7 6,5 – 619,5 (3º Posto).
E o xogador do Xadrez Benchoshey e CM Artai Bringas proclamouse Campión de España Universitario de partidas Blitz. Toda a información, neste enlace.
Aviso Importante – Liga Galega por equipos de Club 2023
Lembramos que o prazo límite para alinear xogadores nas ordes de forza dos equipos participantes na Liga Galega 2023 é ata as 17:00 horas do xoves, 13/04/2023; tal e como indica o apartado 3.6 do artigo 62 pertencente ao Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións.