XVII Torneo de Xadrez Concello da Guarda

O sábado, 06 de Maio de 2017 no Pavillón do Colexio As Solanas de A Guarda tivo lugar o 2º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017 onde participaron máis de 150 xogadores.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e Absoluto.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 09/05/2017).

 

II Vila de Noia

O Luns, 01 de Maio e 2017 tivo lugar o 1º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: II Vila de Noia, onde participaron máis de 100 xogadores.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

Clasificación Xeral XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017 (actualizado 03/05/2017)

 

XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017

Pubrícase o calendario do XII Circuito Galego Xadrez promoción 2017 con 19 torneos. Para optar a clasificación final será necesario participar e finalizar 10 torneos.

Para inscribirse e participar é obrigatorio ter seguro deportivo, polo cal, previamente a inscrición, os xogadores extanxeiros ou os non federados deberán abonar a cuota correspondente para cumprir este trámite e federarse a través dunha entidade deportiva española, sendo responsabilidade dos seus clubs, entidades deportivas ou colexios non cumprimentalo.

Toda a información neste enlace.

Campionatos Galegos Semana Santa 2017 (Categorías: Sub-08, Sub-12, Sub-16, Absoluta, Feminina e Veterán)

O venres tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Absoluto, Feminino e Veterán onde a xogadora do Ajedrez Padrón, Ines Prado Acebo proclamouse Campiona Galega Absoluta. A primeira muller que acada este título nos últimos 30 anos. Fernando Sanchez Aller (Xadrez Rianxo) foi o Subcampión Galego e Diego Espiñeira Gonzalez (Ajedrez Padrón) o 3º clasificado. Marcos Lorenzo Duran (Liceo Recreo Ourensano) proclamouse Campión Galego Veterán. Noraboa!!

Campionato Galego Sub-08: Iago Fernandez Ramos do Xadrez Brétema Campión Galego Sub-08 e Clara Mendez Rial do Ajedrez Padrón 1ª clasificada.

Campionato Galego Sub-12: Ruben Fernandez Lopez da Universidad de Vigo Campión Galego Sub-12 e Carla Ramirez Senlle do Xadrez Mos 1ª clasificada.

Campionato Galego Sub-16: Alfonso Lopez Gonzalez do Ajedrez Padrón Campión Galego Sub-16 e Paula Garcia Alvarez do Xadrez Marín 3ª clasificada da xeral e 1ª clasificada feminina.

Máis información: Sub-08, Sub-12, Sub-16 e Absoluto.

I Open Internacional Sub-2200 Hotel CEMAR

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE E FEDA.

DATAS: Do 14 ao 16 de Abril de 2017.

LOCAL DE XOGO: Salóns do Hotel CEMAR (sito na Estrada Xeral Ponteareas – Mondariz, Km7 – Mondariz Balneario)

INSCRICIÓNS: E-mail: meouterelo@yahoo.es – ajedrezmarcoteeikm@yahoo.es Teléfono: +34 627 249 951. Indicando: Nome e apelidos, data de nacemento, ELO FIDE e FEDA, teléfono de contacto e email

Aloxados no Hotel CEMAR**: DE BALDE.
• Xeral: 6 €.
• Data límite de inscrición: Venres 14 de abril ás 12.00 horas.

Bases do torneo.

Curso semipresencial de Árbitro de Base e Árbitro Autonómico de Xadrez 2017

A Federación Galega de Xadrez, a través do seu Comité Técnico de Árbitros, convocou un curso semipresencial para a obtención dos seguintes títulos:

  • Árbitro Autonómico de Base.
  • Árbitro Autonómico.

A parte final, que será presencial e terá lugar nos salóns do Hotel Scala de Padrón (A Coruña), será para aclarar dúbidas sobre todo o temario, explicación de elaboración dun informe arbitral co VEGA e a realización do exame. Terá o seguinte formato:

Día Horario  
Venres 14/04/2017 De 17:00 a 20:00 horas Repaso e dúbidas do temario
Sábado 15/04/2017 De 10:00 a 13:30 horas VEGA e informe arbitral
Sábado 15/04/2017 De 16:00 a 20:00 horas Exames, 4 probas

 

Máis información (horarios, temario, etc) na Convocatoria do curso.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies