Mundial Sub08 a Sub12 2018 – Santiago de Compostela
A secretaria Xeral para el Deporte Gallego, Marta Míguez Telle, recibiu a Gaspar Pérez Carnero, presidente da Federación Galega de Xadrez; Ramón Padullés, secretario da Federación Española de Ajedrez; e Francisco Javier Ochoa de Echagüen, presidente da Federación Española de Ajedrez, para coordinar o Campionato do Mundo de Xadrez das categorías sub-8 a sub-12 que se celebrará en Santiago de Compostela do 3 ao 16 de novembro do 2018.
Posteriormente, a delegación formada por Gaspar Pérez, Ramón Padullés e Francisco Javier Ochoa reuniuse có equipo técnico e a Directora Xerente, Ana Isabel Vázquez Reboredo, da Cidade da Cultura de Galicia. A Cidade da Cultura de Galicia, diseñada por Peter Eisenman, acollerá nas súas instalacións a Sala de Xogo do Mundial de Santiago 2018.