Introducción e consumo de bebidas alcohólicas en recintos deportivos e seguro con asistencia médica.
Infórmase que a introducción e consumo de bebidas alcoholicas en recintos deportivos, durante a celebración de eventos ou competicións deportivas; así coma a venda de alcohol e tabaco nas instalacións deportivas considérase unha infracción moi grave.
De igual xeito, considérase falta moi grave a falta de subscrición, por calquera organizador dun evento deportivo, sexa oficial ou non, dun seguro que teña cobertura necesaria da asistencia médica dos participantes do mesmo, para o suposto accidente deportivo.
Escrito do Comité Galego Xustiza Deportiva.