I Clinic de Xadrez 2016
A Escola Luguesa de Xadrez en colaboración cá Exma. Deputación de Lugo e en colaboración có Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e o diario El Progreso; levarán a cabo o I Clinic de Xadrez, impartido polo GM Adrian Mikhalchisin.
O Clinic celebrarase no Centro Xuvenil Lug2 durante o fin de semana do 25 ao 27 de Novembro de 2016.
Pódese inscribir ata o xoves, 24 de Novembro de 2016, tendo un coste de 70 € para os xogadores federados na Escola Luguesa, 80 € para os xogadores federados en algún club da provincia de Lugo e 90 € para os xogadores federados en xeral. Prazas limitadas. Inscricións no e-mail xaquedrum@gmail.com ou no teléfono 657 974 937.
Máis información, descargar pdf.