Campionato de España Sub 14 e Sub 14 Xadrez Rápido 2024
O sábado, 20 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-14 de lentas, onde Pau Marín Ferragut de Baleares e Marta Elena Jiménez Carrazoni de Madrid proclamaronse Campións.
O xogador galego mellor clasificado foi Javier Del Valle Crespo (Club Xadrez Mos) acadando o posto 17 con 6.5 puntos.
O domingo, 21 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-14 de Xadrez Rápido, onde os xogadores Pau Marín Ferragut de Baleares e Marta Elena Jiménez Carrazoni de Madrid forón tamén os Campións.
O xogador galego mellor clasificado foi Diego Ibañez Cruces (Club Ajedrez Lucena) acadando o posto 12 con 6.5 puntos.