Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021.
O Sabado, 24 de Abril de 2021 no Hotel Scala( Padrón) tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021, categoría cadete con 20 equipos participantes e onde o equipo Xadrez Estratexia Pola Paz proclamouse Campión con 14 puntos, Escola Luguesa de Xadrez obtivo 11 puntos e o 2º posto e Sociedade Liceo Marquiño foi 3º con 11 puntos.
Toda a información, neste enlace .
E o Domingo, 25 de Abril de 2021 no Hotel Scala ( Padrón) tamén tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021, categoría absoluta con 37 equipos participantes e onde o equipo Cículo Ferrolano de Ajedrez A proclamouse Campión con 12 puntos, Club Xadrez Rianxo foi 2º con 11 puntos e C.D. Xadrez Ourense Senior A foi 3º con 11 puntos.
Toda a información, neste enlace .