Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.
Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos, Javier Del Valle Crespo proclamouse Campión, Sergio Diniz Lopez (Círculo Xadrez Narón) foi o Subcampión e Uxio Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa de Xadrez) o 3º clasificado.
Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador Pablo Lopez Varela da Escola Luguesa de Xadrez, Xulio Del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi o Subcampión e David Cernadas Camean (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado.
¡Parabéns a todos!
Toda a información, neste enlace.
Enlaces Info64:
Campionato Galego Sub-14 Open 2023
Campionato Galego Sub-18 Open 2023