Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria
Por orde do Sr. Presidente de Federación Galega de Xadrez D. Gaspar Pérez Carnero, convocase, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 25 de febreiro de 2018, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no hotel Scala en Padrón.
Acta da asemblea anterior (correspondente ao punto 1 da orde do día).
Memoria Deportiva 2017 (correspondente ao punto 2).
Peche económico: Contas Anuais 2017 e Resultado Contas 2017 (correspondente ao punto 3).
Calendario Deportivo 2019 (correspondente ao punto 4).