Category Archives: Sin categoría

Campionato De España Sub12

O sábado 1 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios no  Hotel Suits Salobreña ( Granada) do Campionato de España Sub12,  o navarro Javier Habans Aguerrea proclamouse Campión cun total de 8 puntos de 9 posibles. Acompañárono  no podio, o  madrileño Julio Stefano Centeno Mendoza, con 7,5 puntos, e o andaluz Juan Alberto Gómez Aguirre, con 6,5 puntos.

Na clasificación feminina, a balear Cristina Sureda González  proclamouse Campiona de España con 5,5 puntos. Rematando con 5 puntos, a subcampiona Elena Rodríguez Canovas de Murcia e a terceira clasificada Adriana Iribas Garayoa de Navarra.

Clasificacións Finais Campionato España Sub12

Enlace Info64

Retransmisión en directo

Campionato de España Sub10

O pasado sábado 25 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no  Hotel Suits Salobreña ( Granada) do Campionato de España Sub10. O Xogador catalán Alex Villa Tornero alzouse co Campionato de España na categoría sub-10 con un total de 8,5 puntos de 9 posibles. A andaluza Laura Herrero Peña proclamouse campiona de España con 6 puntos.

Clasificacións Finais Campionato España Sub10

Enlace Info64

Retransmisión en directo

Campionato de España Sub08

o pasado sábado 18 de xullo  tivo lugar a Clausura e Entrega de Premios no Hotel Suits Salobreña ( Granada) do Campionato de España Sub08, a xogadora Galega   Laura Dieguez Novoa ( Xadrez Benchoshey)   quedou Tercera clasificada feminina con 5 puntos.  Noraboa!

Clasifiacións Finais Campionato de España Sub08

Foto: Podio

Enlace Info64 Sub08

Retransmisión en directo

 

Asamblea Xeral Ordinaria

O pasado día 11 de xullo de 2020,  celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria, previamente convocada dacordo os estatutos da FEGAXA  e  Lei do Deporte de Galicia.

Entre outros asuntos, se acorda, dentro do calendario deportivo 2020;

SUSPENDER  as competiciones seguintes:

  • Liga Galega.
  • Circuito Internacional de Xadrez.
  • Circuito de Promoción.

Enlace a Acta Asamblea  Xeral Ordinaria

 

 

Campionato Galego 2020 Absoluto, Feminino e Veteran

O pasado domingo, 19 de xullo de 2020, tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionato Galego Absoluto, modalidade open. O xogador do CDR Portas Abertas Xadrez Verín,   David Lariño Nieto  quedou como  1º clasificado da xeral con 7 puntos. O xogador do Círculo Chantadino, Rafael Rodríguez López, foi o 2º clasificado con 6 puntos e  Julio Suarez Gomez de Club Xadrez Fontecarmoa o 3º clasificado con 5,5 puntos,  a 1ª clasificada feminina, Inés Prado Acebo   do  Club Xadrez Rianxo con 5 puntos.

Enlace Bases técnicas

Enlace Info64

Clasificacion Final Campionato Absoluto

Galeria de Fotos

Campionatos Galegos 2020 Sub-12 e Sub-16

O pasado sábado, 11 de xullo de 2020, tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Sub-12 e Sub-16, modalidade open.

Na categoría Sub-12 a xogadora da Escola Xadrez Compostela Nerea Cereijo Suarez  quedou como  1º clasificada da xeral con 5,5 puntos, o xogador da Escola Xadrez Compostela,  Alejandro Cereijo Suarez , foi o 2º clasificado con 5 puntos e  Hugo Dominguez Conde  de Millarengo Cultura o 3º clasificado con 4,5 puntos.

Na categoría Sub-16, o xogador da Escola Técnica de Xadrez da Coruña , Claudio Reboredo Martinez foi o 1º clasificado da  xeral con 5,5 puntos. Andrés Rodríguez Ferreiro, do Club Xadrez Fontecarmoa, foi o 2º clasificado con 5 puntos e Ivan Dopazo Fernández do Club Deportivo  Xadrez Ourense o 3º clasificado con 5 puntos, a 1º clasificada feminina, Marta Quintas Fernández  da Escola Luguesa de Xadrez con 4,5 puntos.

 

Enlace Bases Técnicas Sub12

Enlace Bases Técnicas Sub16

Enlace Info64 Sub12

Enlace Info64 Sub16

Clasificacións Galegos 2020 Sub-12

Clasificacións Galegos 2020 Sub-16

Galeria de Fotos Sub12

Galeria de Fotos Sub16

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies