Category Archives: Sin categoría
Convocatoria seminario Árbitro FIDE 2020
Publicouse a circular 14/2020 a través da que se convoca o Seminario de Árbitros FIDE 2020. Pódese consultar no seguinte enlace.
I CAMPIONATO IBEROAMERICANO INDIVIDUAL ABSOLUTO ONLINE
Data: do 25 de maio ao 5 de xullo de 2020
Local de xogo: Online
Subvencións a entidades Deportivas Convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte
O luns 11.05.2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 16 de decembro de 2019 publicada no DOG do 11.01.2020 (código de procedemento PR945C).
Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: dende mañá martes 12.05.2020 ata o luns 25.05.2020. Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e en “Accións” seleccionar “Emenda ao requirimento”; téñase ademais especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar –PR945C-.
As entidades cun dobre asterisco (**) no motivo da emenda figuran tamén no anexo II de solicitudes inadmitidas.
Ver listaxe e contacto en: https://deporte.xunta.gal (apartado CONVOCATORIAS)
Libros de Xadrez
Para este tempo de confinamento propoñemos sesións de adestramento cos Libros de xadrez:
1.-Xadrez para todos:
2.-Xoga e aprende:
URXENTE – Suspensión actividades e competicións
PERMANECEN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES E COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS E NACIONAIS, ata que finalice esta situación motivada polo coronavirus e póidanse reanudar con normalidade, sempre coas garantías e autorización das autoridades deportivas e sanitarias.
“ TODOS QUEDAMOS NA CASA, ENTRENAMOS NA CASA PARA VOLTAR CANTO ANTES “
FEGAXA – Atención ao público
Con motivo da aparición do brote de Coronavirus, enfermidade COVID-19, desde a FEGAXA manifestamos que seguiranse de forma estricta as directrices e recomendacións que se establezcan, tanto desde a SXD, como por parte das autoridades sanitarias.
De acordo cás recomendacións recibidas, todo o personal da Federación pasa ao réxime de Teletraballo, desde o luns (16/03/2020) ata o día 01 de Abril de 2020.
A atención ao público da FEGAXA continuará con total normalidade por correo electrónico: fegaxa@fegaxa.org.