Category Archives: Sin categoría

Solicitudes e concesión arbitraxe Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2021

Rematado o prazo de solicitude de arbitraxe para a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs, categorías cadete e absoluta, publícase a concesión como árbitro principal e árbitro adxunto, neste enlace.

Campionato Galego Sub-08 2021

Onte  tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub 08.

Daniel Manrique  ( Xadrez Ourense) proclamouse Campión Galego Sub-08 con 7,5 puntos dos 8 posibles,  Carlos Perez (Xadrez Mos) foi subcampión galego e Javier Lema  (Xadrez Arteixo) 3º clasificado. Yaiza Ramos  (Ramiro Sabell) acadou o 12º posto da xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

Enlace a Info64.

Enlace de retransmisión.

Campionatos Galegos Sub18 e Absoluto 2021

Onte  tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub 18 e Absoluto.

Andres Rodriguez  (Club X. Fontecarmoa) proclamouse Campión Galego Sub-18 con 6,5 puntos dos 8 posibles, Angel Sanmartin (Club A. Padrón) foi subcampión galego e Artai Bringas  (Club X. Laroca) 3º clasificado. Marta Quintas  (Escola Luguesa) acadou o  18º posto da xeral e  foi a 1ª clasificada feminina.

Na categoría Absoluta, David Lariño (CD Portas Abertas Verin) proclamouse Campión Galego Absoluto con 7 puntos dos 8 posibles,  Luis Marco Medarde (tamén de CD Portas Abertas Verin ) foi subcampión galego e o 3º clasificado Diego Espiñeira ( Club A. Padron). Nerea Cereijo ( E.X. Compostela) acadou  o  29º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Nas categorías Veteráns, D. Jose Fernández Otero foi o 1º veterán +50 no 21º posto con 5 puntos, e na categoría veterán +65 D. Fernando Casares Ripol acadou o 1º veterán +65 no 26º posto con 4,5 puntos.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-18 Open 2021.

Campionato Galego Absoluto Open 2021.

Retransmisión:

Campionato Galego Sub-18 Open.

Campionato Galego Absoluto Open.

Campionatos Galegos Sub14 e Sub16 2021

Onte  tivo lugar a clausura e entrega de premios  no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) dos Campionatos Galegos Sub14 e Sub16.

Alejandro Cereijo (EX Compostela) proclamouse Campión Galego Sub-14 con 6,5 puntos dos 8 posibles, Hugo Dominguez (tamén da EX Compostela) foi subcampión galego e Xulio Del Prado (do Círculo Chantadino) 3º clasificado. Nerea Cereijo (EX Compostela) acadou o 13º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-16, Rubén Fernández (EX Pontevedra) proclamouse Campión Galego Sub-16 con 7 puntos dos 8 posibles, Juan Manuel Martínez (tamén da EX Pontevedra) foi subcampión galego e o 3º clasificado Luca Rey (Xadrez Fontecarmoa). Marta Quintás Fernández acadou o 4º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2021.

Campionato Galego Sub-16 Open 2021.

Retransmisión:

Campionato Galego Sub-14 Open 2021.

Campionato Galego Sub-16 Open 2021.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 11 de abril de 2021, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda convocatoria, en el HOTEL SCALA de Padrón.

Orde do día.

Acta da Asemblea anterior (correspondente ao punto 1).

Memoria Deportiva 2020 (correspondente ao punto 2).

Contas anuales 2020 (correspondente ao punto 3).

Cuotas licenzas deportivas 2022 (correspondente ao punto 4).

Solicitudes e concesión arbitraxe Campionatos Galegos 2021

Rematado o prazo de solicitude de arbitraxe para os Campionatos Galegos 2021, pubícase a concesión de cada categoría como árbitro principal e árbitro adxunto, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies